Patrimonio

Casco Histórico

Praza da Constitución

Ao antigo Campo das Codeseiras, hoxe Praza da Constitución ou popularmente Campo da feira, desprazáronse a comezos do S. XX as feiras municipais. Este espazo, de cerca de 9.000 metros cadrados, emprégase igualmente para celebrar as festas desta parroquia. Conta cun palco da música, en pedra do país e ferro forxado, dous parques de xogos para os cativos, pombal e hórreo procedentes da horta da casa reitoral e un monumento aos canteiros realizado polo escultor cuntiense Maxín Picallo. Esta praza está delimitada pola Casa Reitoral, a igrexa de Santa María dos Baños de Cuntis, a praza de Abastos, o Fogar do Pensionista, a Casa do Concello e os xardíns da horta do cura.