Patrimonio

Casco Histórico

Praza do Ferrol

Esta praza de planta case rectangular é unha das máis antigas do centro urbano e conta con varios edificios, algúns dos cales puideran ser datados nos séculos XVIII e XIX. No entanto tamén existen vivendas modernas, elaboradas en granito, que entran en harmonía coas outras creando un conxunto de gran fermosura.

Unha destas vivendas destaca sobre as demais pola excelente perfección con que se traballaron os seus perpiaños, as lumieiras das portas, fiestras e cornixa: trátase da que hoxe funciona como café, un dos máis antigos da vila, e que noutros tempos serviu en parte como casino.

A comezos do S. XX celebrábanse aquí os mercados municipais, nun escenario presidido por un cruceiro do S. XVII (que hoxe se atopa no cemiterio parroquial) e a fonte do XIX que na actualidade ocupa un lugar central na Praza das Árbores