Patrimonio
Casco Histórico
Praza de Galicia
As casas de granito, con balcóns e galerías e fermosas bufardas nalgún caso, dos séculos XVIII e XIX, danlle a este espazo aires de antigo, de vetusto, que zumegan historias que aínda ninguén contou. Aquí atópamos os lavadoiros municipais, que se abastecen da auga quente procedente do manancial "Lume de Deus". Neste lugar ergueuse moi posibelmente a desaparecida casa e torre da Vila do Baño, existente no S. XV, e será aquí tamén onde se atoparon numerosos achados arqueolóxicos da época romana, o que nos leva a sinalar que estamos perante un dos recintos urbanos máis antigos de toda a vila.
