Patrimonio

Casco Histórico

Rúa do Balneario

Pola antiga Rúa Real, hoxe rúa do Balneario, discorría un camiño principal de conexión das zonas costeiras do Salnés e do Lérez coas terras de Compostela. Casas barrocas e neoclásicas conforman esta rúa, sendo o edificio de maior tamaño o Hotel La Virgen, que porta diversos estilos. Todos eles servíronse das estruturas decimonónicas que existiron alí para elevar un inmóbel ideado -ou bosquexado cando menos- polo arquitecto galego Antonio Palacios.

Ao final da rúa consérvase unha fermosa casa, erixida tamén sobre antigas arquitecturas, que se remodelou para a hostalaría. Trátase do Hotel Castro do Balneario que xunto co Hotel "La Virgen" entran na categoría de catro estrelas.