Como chegar

Cuntis localízase nunha situación xeográfica envexábel, a poucos quilómetros de Pontevedra e Santiago de Compostela; e moi próxima ao mar da ría de Arousa. Dotado dun bo tecido de estradas primarias e secundarias, o val no que se asenta está formado a partir dos ríos Gallo e Umia e protexido por dúas elevacións montañosas, o Xesteiras (de 718 m.) e o Castro Sebil (de 550 m.).
Ten unha poboación de 5.180 habitantes e unha extensión de 79 km2 distribuídos en oito freguesías: Arcos de Furcos, Cuntis, Cequeril, Couselo, Estacas, Portela, Piñeiro e Troáns; e linda cos concellos de Valga, A Estrada, Campo Lameiro, Moraña e Caldas de Reis.
O seu clima, de temperaturas mornas durante todo o ano e con abundantes precipitacións, é de tipo oceánico.
DISTANCIAS QUILOMÉTRICAS | |
SANTIAGO-CUNTIS | 27 KM |
LALÍN-CUNTIS | 53 KM |
PONTEVEDRA-CUNTIS | 26 KM |
VILAGARCÍA-CUNTIS | 20 KM |
Principais rutas ata Cuntis
De Santiago ata Cuntis
De Vilagarcía ata Cuntis
De Pontevedra ata Cuntis
De Lalín ata Cuntis