Patrimonio - Eclesiástico

Ermidas, capelas e santuarios

Santiaguiño da Ermida

Localizada no lugar da Ermida, está provista dun soportal na súa fachada -que terma dun tellado- e erguida nunha paraxe moi fermosa, próxima ao río Umia e no interior dun campo circundado por vellos carballos e castiñeiros. O Santiaguiño da Ermida é un centro espiritual de grande antigüidade, xa existente no S. XVI aínda que ben puidese ter as súas orixes no medievo xa que esta edificación dá nome ao lugar, A Ermida.

Ademais do apóstolo venérase a unha Virxe da Pena (ou da Peña) que contan que apareceu nas inmediacións, xunto a un manancial de auga milagreira que aínda se conserva e que nas súas pedras leva gravado ese suposto milagre marino.

No que respecta á imaxe de Santiago Apóstolo, había a tradición de mergullalo no interior do río Umia para que o santo lle trouxese boas colleitas aos labregos do lugar e para implorar a chegada das choivas cando tocaba un ano de seca.