Estimadas veciñas e veciños:

O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral de Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da violencia contra as Mulleres, convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres. Dende o ano 2003 ata maio de 2017, a Delegación do goberno rexistrou 53 asasinatos machistas en Galicia e 780 no Estado Español.

Desde a Concellería de Igualdade e Benestar Social do Concello de Cuntis, consideramos que a actual situación require dunha resposta unánime de toda a sociedade que poña de manifesto o rexeitamento de todas as formas de violencia contra as mulleres. Para iso animamos a toda a poboación a implicarse na conmemoración do 25 de novembro.

“CUNTIS EN NEGRO” é a campaña que este ano poñemos en marcha dende o Concello para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, como se acordou na última reunión do Consello Local de Igualdade. Esta campaña desenvólvese conxuntamente con outras 71 vilas e cidades galegas e as Deputacións de A Coruña, Lugo e Pontevedra baixo o lema En Negro contra as Violencias, co obxecto de poñer sobre as axendas, coa maior contundencia posible, a violencia machista como un problema público de toda a sociedade.

Queremos Cuntis libre de Violencias machistas!!

 Así, dende o Concello DO 23 AO 26 DE NOVEMBRO propoñemos vestir de loito a nosa vila, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á mais dura das súas consecuencias, o asasinato, e implicar a todo o pobo de Cuntis e as súas parroquias. Deste xeito, todos os edificios públicos vestirán de negro entre os días 23 e 30 de novembro, e o día 24 faremos unha concentración diante da Casa do Concello para ler un Manifesto conxunto.

Convidámosvos a que vos sumedes a esta Campaña, as asociacións, tendas, comercios, empresas, bares, postos de mercado, etc.,  vestindo de negro, e que este espírito de loito se transmita a toda a cidadanía, participando de diverso xeito: asistindo ás concentracións o venres 24 ás 12:00 no C.P.I Aurelio Marcelino Rey García, e ás 12:30 diante da Casa do Concello, vestidxs de negro e/ ou facer algún tipo de manifestación pública, nas redes sociais poñendo os logos identificativos, gravando algún vídeo, sacando fotos con camisetas e outros materiais deseñados para esta campaña e poñelas nas redes, e calquera outra cousa que se vos ocorra e sirva para a finalidade da campaña.

Se o desexades,  enviarémosvos material e información que tamén compartiremos nas redes sociais e páxina web (http://www.concellodecuntis.es/) para que vos mesmas/os podades descargala. So tedes que chamar ao teléfono 986185723 ou enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., nome da asociación e a persoa de contacto (nome e teléfono), antes do 20 de novembro.

Podedes ter mais información sobre a Campaña en http://ennegrocontraasviolencias.gal/

 

#Cuntisennegro

#Galiciaennegro

#Contraasviolencias

 

Lectura do manifesto: 

https://photos.app.goo.gl/j08rMHP78i61E0JT2

 

 

Agardando contar coa túa participación,

Recibe un cordial saúdo,

 

Concepción Campos Fernández,

Concelleira de Igualdade e Benestar Social.

Concello de Cuntis

 

Documentos adxuntos:
Download this file (60x42-ciumes.pdf)cartel ciumes[ ]776 kB
Download this file (60x42-son-libre.pdf)cartel libre[ ]791 kB
Download this file (60x42-unha-de-cada.pdf)cartel 1 de cada 4[ ]797 kB
Download this file (98x68_espazo-libre.pdf)cartel espazo[ ]792 kB
Download this file (A3-mais-xogos.pdf)cartel berros[ ]784 kB
Download this file (A3-non-es-o-meu-dono.pdf)cartel dono 2[ ]766 kB
Download this file (A3-non-son-o-teu-dono.pdf)cartel dono[ ]768 kB
Download this file (A3-non-son-un-principe.pdf)cartel príncipe[ ]776 kB
Download this file (A3-respecta-as-miñas-decisións.pdf)cartel respecta[ ]783 kB
Download this file (A3-Sempre-libre-e-viva.pdf)cartel sempre[ ]767 kB
Download this file (A3-si-e-si.pdf)cartel si e si[ ]765 kB
Download this file (A3-son-libre.pdf)cartel libre decidir[ ]791 kB
Download this file (Bandeira-Cuntis-en-negro.pdf)Banderia[ ]58 kB
Download this file (Banner-Cuntis-en-negro.pdf)Banner[ ]54 kB
Download this file (Camiseta-Cuntis-en-negro.pdf)Camiseta[ ]234 kB
Download this file (Cartel-Cuntis-en Negro_98x128.pdf)Cartel[ ]267 kB
Download this file (identificador-Cuntis-en-negro.pdf)Identificador[ ]354 kB
Download this file (Logo-Cuntis-en-negro.pdf)Logo[ ]57 kB
Download this file (Lona-Cuntis-en-negro-300x130.pdf)Lona[ ]269 kB
Download this file (manifesto.pdf)Manifesto[ ]96 kB
Download this file (pancarta-balcon-Cuntis-ennegro.pdf)Pancarta[ ]263 kB
Download this file (pegatina-espazo.pdf)Pegatina[ ]788 kB
Download this file (RRSS-Cuntis-ennegro-perfil-FB.jpg)Banner Redes Sociais 1[ ]14 kB
Download this file (RRSS-Cuntis-ennegro-perfil-twitter.jpg)Banner Redes Sociais 2[ ]13 kB