O día 11 de xuño ábrese o prazo de inscrición para anotarse no programa Cuntilín verán 2018, e permanecerá aberto ata o día 20 de xuño. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro do Concello en horario de 9 a 13:30 de luns a venres.

As instancias para inscribirse poden recollerse nas Oficinas do concello ou descargalas dende esta páxina. Deberán aportar ademais a seguinte documentación:

  1. Volante de empadroamento
  2. Acreditar mediante contratos, certificados de empresa, etc., a necesidade de conciliación
  3. Xustificante de matrícula do curso académico 2018/19
  4. Xustificante de familia numerosa ou familia monoparental, se é o caso
  5. Informe da traballadora social ou educadora familiar no caso de presentar necesidades sociais e/ou educativas que recomenden a participación no programa