“PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DO CONCELLO DE CUNTIS 2019/2020”

O concello de Cuntis, xunto cos concellos de Barro, Caldas, Portas e Moraña, vai poñer en marcha o seu cuarto programa de emprego.

Nos proxectos precedentes conseguiuse un alto porcentaxe de colocación das persoas participantes. Neste proxecto fixase como obxectivo mínimo unha inserción do 39%.

As persoas que poden participar son as que están empadroadas nalgún dos cinco concellos mencionados e que teñan menos de 30 anos ou mais de 45.

Vanse levar a cabo diferentes accións formativas e dentro de estas esta prevista a realización de dous certificados de profesionalidade que son os de “Limpeza en superficies e mobiliario en edificios e locais” e “Actividades auxiliares na conservación e mellora dos montes”

Todas as persoas inscritas no programa percibiran unha bolsa de 5€/dia, pola súa asistencia as diferentes actividades nas que participe. Tamén se contempla a posibilidade de contratar servizos de gardería para aquelas persoas que teñan fillos/as ao seu cargo, para facilitarlles a súa participación no programa.

Todas as persoas interesadas poden poñerse en contacto coas persoas responsables do programa en cada concello, nos seguintes teléfonos:

Cuntis 986548708 ou 986532579, Barro 986714806, Caldas 986530814, Portas 986536925, Moraña 986553005