Vodas Civís

Nesta sección inclúense todas as xestións necesarias para levar a cabo o teu casamento civil no concello de Cuntis.

Para a celebración do matrimonio civil no Rexistro Civil de Cuntis hai que achegar a seguinte documentación:

1º Certificados literais de nacemento dos contraentes.

  • Fe de vida e Estado dos contraentes.
  • Fotocopia do DNI dos contraentes.
  • Certificados literais de matrimonio anterior, onde conste o divorcio, no caso de ser divorciados.
  • Certificacións de empadroamento. (Solicítanse no Concello onde consten empadroados).

2º Para tramitar o expediente de matrimonio hai que presentar a anterior documentación nun xulgado de Primeira Instancia, no caso de Cuntis o Xulgado sería o de Caldas de Reis. Este Xulgado é o encargado de autorizar ao noso Xulgado para a celebración do matrimonio.

Datas

Pódese elixir día e hora chamando ao número do Xulgado 986 533 997 ou ben acudindo a este. Nas fins de semana, segundo a dispoñibilidade da Xuíz.

Horario

As cerimonias no Rexistro Civil de Cuntis teñen unha duración de 10-15 minutos e realizaranse no Salón de Plenos do Concello ou na Casa da Cultura “Roberto Blanco Torres”. Neste último caso sempre reservando con anterioridade.

Calquera día laborábel de 10:00 a 12:00 horas.

Sábados, domingos e festivos, haberá que falar coa Xuíz.

Organización

A organización levarana a cabo os contraentes.