Patrimonio - Eclesiástico

Templos parroquiais e conventuais

San Fins de Estacas

Templo de estilo neoclásico, datábel por conseguinte no S. XIX, que conta cunha monumental torre de tres corpos. O retablo do altar maior é de comezos do S. XX, cun estilo case que neogótico, no que se acubillan, entre outras, as imaxes de Xesucristo crucificado, a Virxe do Rosario, San Xoán "O Bautista" e San Fins. Presenta a curiosidade de que o sagrario en lugar de mirar ao nacente (Xerusalén) faino ao poñente.

Seis son os núcleos de poboación desta parroquia: A Bragaña, O Casal, Magán, Teaño, A Torre e Vilameán.