Patrimonio - Eclesiástico

Templos parroquiais e conventuais

San Mamede de Piñeiro

Posúe unha arquitectura de transición do barroco ao neoclasicismo. Ten planta en cruz latina, propia da arquitectura románica e unha torre campanario de tres corpos colocada á dereita da fachada.

No interior deste edificio custódianse as imaxes do patrón (San Mamede), Santo Antón de Padua, San Brais, S. Roque, a Inmaculada e a Nosa Señora da O. Tamén podemos contemplar restos escultóricos datables entre o último cuarto do S. XV e a primeira metade do XVI.

Belai,Gontade, Guimarei, A Igrexa, Montesandeu, A Sobreira, Soutelo, O Toucedo e A Toxeira son os nomes dos lugares existentes na actualidade nesta parroquia.