Natureza
Zonas de Ocio
O Paseo do Río Gallo
No núcleo urbano de Cuntis hai varias zonas de paseo que discorren á beira do Gallo. Nelas podémonos atopar con árbores autóctonas -centenarios carballos, freixos e ameneiros- e foráneas: tulipífero de Virxinia, carballo americano, salgueiros choróns... Diversas pontes de madeira comunican as dúas bandas do río e preto dunha ducia de lavadoiros fluviais son testemuños vivos da nosa etnografía e practicamente pezas únicas en toda Galiza.
